miércoles, 7 de junio de 2017

1-Día dos dereitos dos animais

O día 9 de decembro, os nenos de 1ºB celebraron o día dos dereitos dos animais conxuntamente coas outras aulas de infantil e primaria participantes no Plan Proxecta e, para elo fixemos nas aulas unha actividade sobre a nosa mascota ou a que desexáramos ter, no caso de non tela.

Realizamos a representación plástica dela destacando o valor do " respecto" e describímola oralmente e por escrito.

Expuñemos os debuxos nun mural conxunto feito entre todas as aulas participantes e cantamos a canciòn: "Amor Fiel".

Unha mostra dos debuxos feitos por 1º B e do mural conxunto:






No hay comentarios:

Publicar un comentario