domingo, 11 de junio de 2017

10-Abandono de animais

Actividade da guìa:

Tras contar o conto de Lúa, unha cadela abandonada polos seus amos que deambula polas rùas en soedade  pasando por unha serie de sentimentos dende a soedade e o medo,...... ata a tranquilidade cando è recollida nun refuxio. Traballamos os sentimentos conversando sobre eles e incidindo na área de valores e na área de plástica, deste xeito, vamos anotandoos  no taboleiro ao mesmo tempo que mostramos láminas de pintura  no taboleiro dixital e en papel, que representan ditos sentimentos, por citar algúns: : Medo: "El grito" de Munch;  Tristeza: "El  asceta" de Picasso; Tranquilidade: " La dama del armiño" de Leonardo da Vinci; Amor: "La madre" de Klint; Alegría: " El baño" de Sorolla . Enoxo: "José y la esposa de Potifar". Reni.  

Cada neno/a fai a sùa representación plástica sobre aquel sentimento que desexa representar, esta consistirá en imitar o cadro incluindo a sùa mascota, ou facer a sùa propia representación, incidindo no sentimento que nos inspira a obra elexida  e para mostra adxúntanse as seguintes imaxes:

   





   


No hay comentarios:

Publicar un comentario