sábado, 17 de diciembre de 2016

TRABALLAMOS PARA MELLORAR O NOSO PLANETA

Dende o noso colexio apuntámonos ao Plan Proxecta da Consellería de Educación "Protexe os animais", co que pretendemos inculcar aos nosos cativos e cativas unha conciencia ecolóxica e respetuosa co noso planeta, intentando que comprendan o valor dos seres vivos que nos rodean e que respeten e coiden os animais que nos acompañan na nosa vida cotiá, sendo os nosos amigos, compañeiros e parte da nosa familia.