martes, 13 de junio de 2017

COÑECEMOS A CURRO

COÑECEMOS A CURRO

Maica, Carmen e Jose, veterinari@s da Clínica Albeitar de Sada, visitannos con "Curro", un labrador de 7 meses. Explícannos todos os cuidados e necesidades que precisan os animais domésticos, todo tipo de responsabilidades que temos que ter se temos un animal na casa e ensinannos amén cómo traballan na clínica. Gustounos moito ver a Curro, acaricialo, pasealo, ver todas as fotos dos cuidados dos animais que nos ensinaron, estar cos veterinari@s... pero tamén puxémonos un pouco tristes cando vimos fotos cunha operación dun canciño que tragara varias pedras. Tamén levamos esta experiencia á linguaxe plástica, expresando o que nos fixo sentir ter a Curro no cole.














No hay comentarios:

Publicar un comentario