jueves, 15 de junio de 2017

Animais domésticos e salvaxes (actividade guía)

Para coñecer un pouquiño máis os animais sobre os que vamos a traballar, realizamos unha actividade na que falamos das súas características e coidados.
Así, cada neno e cada nena foi collendo dun sobre a imaxe dun animal doméstico e salvaxe. En fronte deles, había dous debuxos, cada un deles dun escenario: un dunha granxa, e outro dunha selva ou bosque.
Comezamos falando desas dúas localizacións para, despois, ir reparando nos animais que podían vivir en cada unha delas e o porqué; os pitiños e as galiñas, por exemplo, precisan estar abrigados e que lles alimenten, polo que é preciso que estan nunha casa ao coidado de alguén. Os elefantes, pola compra, son moi grandes e capaces de alimentarse co presente na natureza, polo que viven en liberdade, ao igual que, por exemplo, os osos.
Posteriormente, cada neno e cada nena nomeou ao seu animal e definímolo como doméstico ou salvaxe, pegándoo no escenario correspondente.


  




   

No hay comentarios:

Publicar un comentario