miércoles, 31 de mayo de 2017

As partes do corpo dun gato

Nesta actividade identificamos as partes do corpo dun gato e a sua funcionalidade. 
Para facer esta actividade, utilizamos a área de plástica, e fixemos un puzzle coa silueta dun gato, o decoramos e escribimos as partes das que falamos.
Este e o resultado da actividade:










E así quedou o noso mural con todolos puzzles da clase:


O nome da nosa mascota

Os nenos da aula de 1º A, traballaron a descripción das suas mascotas. 
Cada neno pintou un can o mais parecido posible o que teñen na realidade, ou como lles gustaría que fose a sua mascota aqueles que non a teñen. Puxeronlle un nome e despois describirona tanto físicamente, como algún rasgo do seu carácter.
Estes foron alguns resultados:











Así quedou o mural con todas as mascotas da clase:



LIBRO VIAXEIRO "AS NOSAS MASCOTAS" DA AULA DE 6ºC DE EDUCACIÓN INFANTIL



LIBRO VIAXEIRO “AS NOSAS MASCOTAS”

Elaboramos un libro viaxeiro sobre mascotas. Cada semana un neno/a levou o libro para a súa casa para que, coa axuda das súas familias, o completasen coa información que consideraran sobre as súas mascotas (se as tivesen) ou sobre os animais que lles gustaría ter.

Cando o libro volve para a escola, compartimos a información escrita entre todos.


*Imaxes do libro extraídas de Google imaxes.
 














ANIMAIS NA ASAMBLEA DE 6ºC DE EDUCACIÓN INFANTIL













ANIMAIS NA ASAMBLEA:

A principios de curso, puxemos no chan, onde cada neno/a se senta para facer a asamblea a primeira hora da mañá, distintos animais: cobaia, periquito, tartaruga, gato, peixe, iguana, coello, can, hámster, pato, hurón, rato.

Falamos das súas características morfolóxicas: de que ten cuberto o corpo, como se chama cada unha das partes do corpo, se se parecen a algún outro animal que coñezan,…

Cada semana cada neno/a puido elixir en que animal quería sentarse durante a semana, intentando non repetir e chegando a acordos entre aqueles nenos/as que quixeran escoller o mesmo animal.


*Imaxes extraídas de Google imaxes.