jueves, 15 de junio de 2017

Celebrando o día dos dereitos dos animais

Para celebrar o día dos dereitos dos animais, varias clases de infantil e primaria realizamos unha actividade conxunta.

Primeiramente, na aula, falamos do porqué da existencia de ese día. Reparamos en que moitas veces non temos toda a consideración que deberamos cara aos animais, de forma que é preciso reivindicar que tamén eles necesitan unha serie de coidados non só físicos, senón tamén afectivos.

A continuación, representamos un debuxo dunha mascota ou un animal, xunto con, en ocasións, unha palabra clave que consideraramos importante á hora de tratalos e coidalos. Algunhas delas, pois non todas foron transcritas, son: PASEAR, RESPETO, COMER, CARICIA, CARIÑO... en definitiva, moitos elementos esenciais do que son os dereitos que, como animais, teñen estes seres vivos.

Estes debuxos foron colocados nun gran mural no corredor do cole, diante do cal cantamos unha canción todos os nenos e nenas. Velaí vai o vídeo e algunha imaxe.


  




No hay comentarios:

Publicar un comentario