domingo, 11 de junio de 2017

13-Visitas

Entre as diversas visitas que nos deleitaron coa súa presenza, o día 19 de Maio contamos cuns veterinarios e a súa mascota "Curro", un can moi bo que se deixou acariñar por todos. 
Amosáronnos diversas representacións visuais sobre a necesidade de respectar, coidar e non abandonar as nosas mascotas, e as  posibles consecuencias de non facelo axeitamente.                                                                                                   


Noutra ocasiòn visitounos o fermoso papagaio Kiko.
Velo aqui recén chegado , antes de percorrer a nosa aula voando e deixarse acariñar!, sendo a ledicia de todos os nenos e nenas.



  Outra mascota  que nos visitou  foi a tartaruga Axa,  que encantou os rapaces e rapazas.



Con todos eles gozamos,  investigamos,  descubrimos  e aprendimos sobre a súa alimentación, cuidados, hàbitos e curiosidades.  Grazas mascotas amigas!



No hay comentarios:

Publicar un comentario