martes, 13 de junio de 2017

14- Xogos

Profundizamos máis no coñecemento dos animais e as súas necesidades a través de distintos xogos, elaborados especificamente para o proxecto:
Os nenos e nenas de Primeiro B,  xogamos a "Oca dos Animais", por parellas van xogando e teñen que anotar todos aqueles animais que lles van tocando cando moven ficha, apuntalos todos, e cubrir unha tarxeta ao menos cun deles, o escollido por cada un, se non saben as características , unha vez rematado o xogo, fan unha búsqueda da informaciòn que precisen en libros ou no ordenador.

E asi de divertido foi o xogo:











Outro xogo que gustou moito,  foi unha adaptación do "Xogo do pano", os nenos colocanse en círculo , un neno ou nena situase fora do circulo, será o animal elexido por todos para levar o pano, este vai dando voltas correndo arredor do circulo; o neno ao que lle tire o pano debe coller unha tarxeta que ten diante súa ( cara abaixo) con forma xeométrica e diversas características dun animal , e ir correndo detrás do que levaba o pano , a ver se o alcanza, este terá que sentarse no oco do que leva a tarxeta antes de que o alcance, a continuaciòn, ten  que  decir ás características do animal que lle tocou na tarxeta.












No hay comentarios:

Publicar un comentario