jueves, 15 de junio de 2017

Visita á aula dunha mascota: o loro

Un día, no desenvolvemento do proxecto,  tivemos a visita dun loro na nosa aula.
A súa dona, Silvia, explicounos un pouco todo o relativo a este animal: qué tipo de loro era, o que comía, o que facía para coidalo...
En canto á alimentación, poidemos ver como o animal comía unha noz, mais descubrimos que tamén lle gusta moito a froita, algo que nos sorprendeu.
Nesta visita fomos conscientes tamén de que temos que tratar a esta mascota, e aos animais en xeral, con moito coidadiño, xa que se non poden agobiarse ou poñerse nerviosos.
Poder ver ao loro "en persoa" e tan de cerca foi algo moi atractivo para todos nós.




No hay comentarios:

Publicar un comentario