jueves, 15 de junio de 2017

Para que quero as miñas... (actividade guía)

Para esta actividade distribuímonos en grupos pequenos.
Cada grupo recibiu un debuxo dun can ou dun gato, que tiña marcadas e divididas as distintas partes do corpo, a modo de puzzle.
Nun primeiro lugar, localizamos e falamos de estas partes (as gadoupas, a boca, as orellas, etc) e de para qué lles servían aos animais.
Tras isto, cada grupo coloreou de forma cooperativa o seu debuxo, que posteriormente se recortou a modo de puzzle, quedando na aula para xogar ou traballar noutros momentos.
Pos último, falamos tamén de se esas partes do corpo témolas tamén as persoas, e de para qué nos sirven no noso caso, comparando, analizando e examinando as súas funcións.

 

 

 

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario