domingo, 11 de junio de 2017

Actividades da guía Plan Proxecta Protexe ós animais


          1.    Presentando o meu animal doméstico.
Cada neno/a coloreu un can e lle puxeron nome. A continuación cada un describiu como era o seu can: grande pequeño, peludo, con pouco pelo, que lle gustaba comer, o nome da súa raza,…









Debuxos de cans extraídos de Google imaxes.





2.       Animais domésticos e salvaxes.
Dividimos a clase en dous grupos. Un grupo coloreou un póster dunha selva e, o outro, un debuxo dunha granxa.






A continuación, cada neno/a elixiu un animal doméstico e un animal salvaxe para debuxar, tendo en conta que non se podía dicir ningún repetido. Rexistramos as eleccións nunha táboa.








Seguidamente, cada neno/a debuxou a súa parella de animais.
Unha vez tivemos todos os debuxos de animais domésticos e de animais salvaxes, falamos das diferencias entre estes dous tipos de animais e colocamos os animais no póster correspondente.













Debuxos da granxa e da selva extraídos de Google imaxes.




P         3. Para que quero as miñas...
Falamos das partes do corpo do gato, da súa funcionalidade e de se o corpo humano ten tamén esas partes ou non.
Dividimos a clase en 3 grupos. Cada grupo coloreou un gato distinto, nos que se podían apreciar as súas diferentes partes do corpo.
A continuación plastificamos estes 3 gatos e os recortaron en varios fragmentos. Así quedaron 3 xogos de puzles para construir e xogar entre todos.








                 Debuxos dos gatos extraídos de Google imaxes.



 

                       4. Benvida a casa          
Lemos a historia de Lúa, a cadela abandonada. Falamos de se esto está ben ou mal, das necesidades dos animais (alimentación, aseo, exercicio, cariño, coidado da súa saúde,…) e dos seus dereitos. Aprendemos cousas sobre os refuxios de animais e as protectoras.
A continuación, entre todos facemos o debuxo dun can nunha casa.





























































































No hay comentarios:

Publicar un comentario