Mostrando entradas con la etiqueta Natalia Casal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Natalia Casal. Mostrar todas las entradas

miércoles, 14 de junio de 2017

ELABORACIÓN DUNHA VACA Ó ESTILO "COW PARADE"

Seguimos traballando a India e sorprendémonos que para os indios a vaca é un animal sagrado o que coidan e respectan moito.

As vacas na India andan libres polas rúas e cando están enfermas ou xa son moi vellas, lévanas a refuxios onde as coidan moito.

Coñecemos o movemento Cow Parade, onde se fan figuras de vacas decoradas con debuxos moi vistosos.

Nós elaboramos a nosa vaca ó estilo Cow Parade pero sobre cartón, con moitos debuxos e cores e co Palacio do Taj Mahal da India.



VISITA Á AULA DE 2º DE PRIMARIA

No mes de xuño visitamos a aula de 2º de Primaria xa que alí, teñen ovos nunha incubadora e vermes de seda!

Encantounos aprender cousas sobre como nacen os poliños e en que se converten os vermes de seda.




NARRACIÓN DO CONTO "¿UN PERRO, BRUNO?" PARA CONMEMORAR O DÍA DO LIBRO.

Para celebrar o Día do Libro, o 23 de abril, preparamos o conto “¿Un perro, Bruno?” para narrar ó alumnado de 1º de Primaria.
Primeiro traballamos co seu contido: este conto trata dun neno, Bruno, que quere un perro igual ó do seu amigo, pero non quere ter responsabilidades con el.

Despois aprendimos a narralo e, por último, fomos á biblioteca do colexio a contarllo ós nenos e nenas de 1º.



VISITA DE VETERINARIOS Ó COLEXIO EN COMPAÑÍA DE CURRO

No mes de maio, viñeron visitarnos ó colexio 3 veterinarios acompañados da súa mascota, Curro, un cachorro de labrador de 7 meses.
Faláronnos da importancia de coidar ben os animais: alimentalos ben, manter unha boa hixiene, darlles moito cariño,…






XOGO DO ELEFANTE

Como estamos a traballar a India, falamos dos elefantes como un dos animais máis importantes na India. Simbolizan a forza e son empregados como animais de transporte.
Aprendemos que, todos os anos, coa chegada da primavera, realízase o Desfile de elefantes pintados, no que só participan as femias, pintadas con moitos debuxos e adornadas con xoias e teas de moitas cores.
Recoñecemos o elefante como animal salvaxe e analizamos se o tratamento que reciben na India é axeitado ou non.

Elaboramos a cara dun elefante que nos servirá para xogar con el. Cada neno/a deberá sumar 2 puntos por cada aro encaixado na trompa do elefante e restar 1 por cada erro.






SAÍDA Ó AQUARIUM FINISTERRAE DE A CORUÑA

No mes de abril fixemos unha saída ó Acuario da Coruña, onde aprendimos moitas cousas dos animais mariños.






VISITA DE MASCOTAS Á AULA: LORO E TARTARUGA

Un día a mestra de Audición e Linguaxe trouxo ó seu loro. Ensinounos moitas cosas relacionadas con el: que come, como hai que cuidalo,… e que é campión de España polo fermoso e ben coidado que está!







Outro día trouxo a unha das súas tartarugas de terra. Contounos de que se alimenta e o rápido que crece xa que, cando a mercou era do tamaño dunha moeda dun euro e agora, con case 4 anos, está enorme!




REPRODUCCIÓN DO MURAL "PERROS" DE FRANCISCO MUNGUÍA


Fixemos unha reprodución do mural “Perros” de Francisco Munguía Villalta.


Orixinal:



Reprodución:





martes, 13 de junio de 2017

ELABORACIÓN DE CARETAS DE ANIMAIS PARA O ENTROIDO



Polo Entroido elaboramos unhas caretas do noso animal preferido.
Cada neno/a expresou por que era o animal que máis lle gustaba, describiu as súas características físicas e creou a súa careta.

FUNCIÓN DE TÍTERES "GÜELA, GüELA"



No mes de novembro asistimos a unha función de títeres con efectos luminosos e musicais no Teatro Colón “Güela, Güela” do grupo Galitoon que trataba sobre as cigoñas.
A partir desta obra, traballamos as diferencias entre a reproducción das aves e a dos mamíferos.

MURAL:CARACTERÍSTICAS DOS ANIMAIS



Cubrimos varias fichas respondendo as seguintes cuestións sobre diferentes animais: como é o seu tamaño, como nace, de que se alimenta, de que ten recuberto o corpo, ónde vive.
Coas fichas cubertas, realizamos un montaxe dun mural e xogamos con el a buscar animais que nacen do ventre da súa nai, animais pequenos, ….
*Fichas extraídas de Google imaxes.





OBRA DE TEATRO "HISTORIA DUNHA GALIÑA"



No mes de decembro asistimos a unha función teatral na Casa da Cultura de Sada a cargo da compañía Nautilus, “Historia dunha galiña” que trataba sobre unha galiña que vive acompañada dos seus poliños, un can e unha gata chinesa.
A partir desta obra, traballamos os distintos animais que viven na granxa.