jueves, 8 de junio de 2017

15. Aprendemos máis sobre os animais a través de diferentes xogos: a oca dos animais -material elaborado especifícamente para o proxecto- o cal consiste en recompilar tarxetas con animais para logo buscar información en contos e libros de consulta da aula, xogos de emparellar animal-textura e xogos de lectoescritura con tarxetas de animais. Aprender así é divertido!!!


 




                           
                                      

                                      




miércoles, 7 de junio de 2017

13-14. Logo de coñecer moitas das necesidades dos nosos animais, falamos e debatemos cómo poder axudalos. Para sensibilizar á comunidade, traballamos fiolosofía visual a partir de debuxos específicos que nos axudasen a preguntarnos e reflexionar: "Qué pasaría se un marciano nos levase a un zoo do seu planeta?", "É agradable estar sempre atado a unha correa?", "Un can pode estar só ou vivir nun piso?". Moitas foron as ideas que saíron, así que creamos un libro coas nosas propias escenas de filosofía visual para que viaxase polas casas e sensibilizar as persoas que nos rodean.















2-O nome da miña mascota

Os nenos e nenas de 1º B traballaron a descripciòn das súas mascotas. Cada neno/a pintou a sùa mascota ou a que lles gustaría ter se non a teñen. Escribiron o seu nome e despois describírona físicamente e  ademais tamén trataron algún rasgo do seu carácter.  Falamos e destacamos o amor que sentimos por elas. Estes foron algúns resultados:








Asi quedou o mural con todas as mascotas da clase:







1-Día dos dereitos dos animais

O día 9 de decembro, os nenos de 1ºB celebraron o día dos dereitos dos animais conxuntamente coas outras aulas de infantil e primaria participantes no Plan Proxecta e, para elo fixemos nas aulas unha actividade sobre a nosa mascota ou a que desexáramos ter, no caso de non tela.

Realizamos a representación plástica dela destacando o valor do " respecto" e describímola oralmente e por escrito.

Expuñemos os debuxos nun mural conxunto feito entre todas as aulas participantes e cantamos a canciòn: "Amor Fiel".

Unha mostra dos debuxos feitos por 1º B e do mural conxunto:






lunes, 5 de junio de 2017

12. Deseñamos unha cidade sostible que garanta unha vida digna para os animais. Educación Vial e Xeometría foron os dous grandes eixes desta actividade. Mediante propostas do alumnado fomos deseñando parques para animais, peluquerías caninas, centros de día para que os animais estean sempre acompañados doutros animais, lagoas para os patos,... E con gomets de distintas figuras xeométricas e cores creamos os espazos, os pasos de peóns, hortos urbáns,... Encantounos esta actividade así que expuxémola no corredor do cole. 













11. Cando xa afondamos en todos os animais que puidemos atopar en libros, contos, no recuncho sabías que...? da aula, etc. elaboramos un mapa mental que nos permitise clasificalos segundo uns criterios: esqueleto. alimentación, hábitat e reprodución. A actividade realizámola en gran grupo, practicando a escritura. Logo clasificamos imaxes de animais segundo correspondera.









10. Representamos diferentes escenas do mundo animal con bonecos traídos da casa, tanto reais como de ficción. Tentamos achegarnos á linguaxe dos animais reflectindo as formas de relación entre eles e así comprender máis aos que temos na casa e aos salvaxes. Os protagonistas foron: tartarugas, lagartos, bolboretas, algún dinosaurio extinguido, crocodilos e osos.