9. Viñeron visitarnos os veterinarios co seu can Curro, un labrador moi amigable que se deixou acariñar. Amosáronnos diferentes presentacións para sensibilizarnos sobre o maltrato animal e o abandono.
Dende o CEIP Pedro Barrié de la Maza traballamos para educar aos nosos cativos e cativas no respecto aos animais
lunes, 5 de junio de 2017
domingo, 4 de junio de 2017
Historia dunha cadela abandonada de 1º A
Na área de valores, e na área de plástica traballamos o conto da cadela Lúa.
Unha cadela que foi abandonada polos seus donos, e vaga polas rúas ata que a rescata o panadeiro da cidade, e a leva ata a protectora de animais para que se ocupen dela.
Os nenos observaron que nesta historia había unha mestura de valores e emocións (tristeza, soidade, frío, ansiedade, tranquilidade, ledicia...), e os plasmaron nos debuxos que aparecen no seguinte mural.

sábado, 3 de junio de 2017
7. Moitos foron os libros de consulta, ben traídos dende a casa ben os achegados polo cole. Dous deles: "Quén levou a lúa?" e "Rescate Animal" foron os máis significativos para traballar a comprensión lectora. Nas asembleas falabamos dos protagonistas, qué fixeron, qué lles aconteceu e qué mensaxe traslada a historia. De "Rescate Animal" fixemos un libro que viaxa polas casas, sobre os animais en risco que rescataríamos nós, entre eles, moitos animais domésticos!
5. Realizamos unha saída educativa ligada ao proxecto: Aquarium Finisterrae. Ofreceunos unha ampla visión sobre distintos tipos de peixes, moluscos,... Á volta realizamos debuxos cunha frase explicativa sobre o que máis nos chamou a atención do ollado durante a visita.
Expuxémolos no corredor do colexio xunto cos debuxos das outras aulas de 1º.
Expuxémolos no corredor do colexio xunto cos debuxos das outras aulas de 1º.
4. Celebramos o "Día Internacional dos Dereitos dos Animais", cantamos a canción "Amor Fiel" de forma conxunta, as etapas de Educación Infantil e os cursos de Primaria participantes. Fixemos un mural entre todos e todas sobre as necesidades dos animais, o respecto á súa liberdade e prácticas de bo trato.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)