miércoles, 31 de mayo de 2017

ANIMAIS NA ASAMBLEA DE 6ºC DE EDUCACIÓN INFANTIL













ANIMAIS NA ASAMBLEA:

A principios de curso, puxemos no chan, onde cada neno/a se senta para facer a asamblea a primeira hora da mañá, distintos animais: cobaia, periquito, tartaruga, gato, peixe, iguana, coello, can, hámster, pato, hurón, rato.

Falamos das súas características morfolóxicas: de que ten cuberto o corpo, como se chama cada unha das partes do corpo, se se parecen a algún outro animal que coñezan,…

Cada semana cada neno/a puido elixir en que animal quería sentarse durante a semana, intentando non repetir e chegando a acordos entre aqueles nenos/as que quixeran escoller o mesmo animal.


*Imaxes extraídas de Google imaxes.



No hay comentarios:

Publicar un comentario